Nos Seus Pés e Elixio Cuíñas presentan a obra «Serei os teus ollos en Idomeni»
AROUSA
O libro relata o drama vivido polos refuxiados sirios e afgáns
12 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Grove acollerá este xoves ás oito da tarde na Sala das Cunchas a presentación do libro Serei os teus ollos en Idomeni, de Exidio Cuíñas, que relata o drama vivido polos refuxiados sirios e afgáns, e que contará coa presenza do autor, o editor, Antón Mascato e dos voluntarios galegos que viviron na súa pel esa traxedia, Xabier e Azucena. Un acto ao que non faltarán os promotores de Nos Seus Pes, o festival solidario que continúa medrando na localidade ano a ano, comprometido con todas esas persoas exiliadas forzosamente do seu país.
A obra, que xa fora presentada en Cambados a primavera pasada, nace nunha estación de Idomeni e invita á reflexión partindo daquel acontecemento que marcou un punto de inflexión alá polo ano 2016 cando se pechaba a coñecida como ruta dos Balcáns. Trátase dun acto máis para seguir concienciando aos veciños sobre unha problemática que nunca deixou de estar de actualidade, por desgraza.
O libro reflexa tamén as experiencias de Mateen Omary, fuxindo de Afganistán a España, que axudan a compoñer un texto literario que ten como base unha realidade moi crúa.
Nos Seus Pés anima a cidadanía a asistir para coñecer de primeira man as vivencias dos voluntarios e dar conta da novela de Cuíñas, xa que fía coa campaña de concienciación que, fóra do mes de outubro, segue levando a cabo, de xeito puntual, a cita solidaria meca.