Arte e viño, o grupo Grisalla expón na adega Gran Bazán

La Voz VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

06 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte, a adega Gran Bazán inaugurou a mostra Arte e viño, que poderá ser visitada ata xaneiro. A mostra recolle as creacións de oito membros do grupo Grisalla: Jacinto Cajete, Dalia Ponte, J. A. Fondevila, Fran Lorente, Lorem, Remedios Priegue, Violeta Arisha e María del Carmen Gago. Na súa estrea, os asistentes, entre os que figuraba o deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, puideron descubrir as diferentes creacións que compoñen esta escolma, guiados por una das súas autoras, María del Carmen Gago. E, por suposto, degustar unha selección de viños rías baixas.