Valga repara a área de descanso para os peregrinos situada en Chenlo

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

Parte do teito viñérase abaixo e foi arranxado polo obradoiro de emprego

11 sep 2024 . Actualizado a las 22:40 h.

 Os peregrinos que realizan o Camiño Portugués a Santiago xa poden facer uso de novo da  área de descanso existente no lugar de Chenlo (San Miguel-Valga). Esta infraestrutura, que permite aos peregrinos facer unha parada na súa camiñada e protexerse, atopábase deteriorada, especialmente no que se refire á cuberta, debido principalmente ás inclemencias meteorolóxicas.

Parte do teito de madeira viñérase abaixo recentemente, polo que o Concello acometeu nas últimas xornadas obras de reparación co obxectivo de que a estrutura, que tamén conta con bancos, volvera a estar completamente operativa.  Os traballos foron executados polo obradoiro de emprego baixo a supervisión do carpinteiro do Concello.

«Hai que ter en conta que o Camiño Portugués é a segunda ruta xacobea máis transitada de Galicia e, como tal, o principal recursos turístico co que conta Valga», indican desde o goberno local.