A praza de abastos de Vilanova desata unha nova liorta entre Gonzalo Durán e os socialistas
AROUSA
O PSOE responsabiliza ao alcalde de ter perdido unha subvención e Durán replica que se renunciou a ela porque os plazos non se podían cumprir
30 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A perda de subvencións europeas para o acondicionamento do mercado municipal de Vilanova de Arousa, como espazo gastronómico foi o motivo dun novo enfrontamento entre o goberno popular e a oposición socialista, que se pregunta cal será o custo para os veciños da localidade.
Dende o grupo socialista pídese unha reforma coa que se consiga «non unha obra faraónica, soamente que non chova e que estea ven repartida, non unha man de pintura». A oposición acusa ao goberno de «non ter capacidade para facer obras, de levar anos perdendo subvencións e de prometer obras que non é capaz de facer, co que fai perder o tempo aos comerciantes da praza».
Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa, aclara que a renuncia da subvención débese a que «no se puede hacer una obra en cuatro meses, los técnicos municipales no fueron capaces de encajarla porque los plazos de Pedro Sánchez son imposibles. Tenemos un gobierno de torpes anclado as las corrupciones familiares».
Ao mesmo tempo afirma que, non por iso non se van a realizar as obras, se non que «vamos a trabajar con gente seria, con gente del PP. Nunca podemos contar con la ayuda de la izquierda, el PSOE está para estorbar en este país, empeora la calidad de vida de los vecinos». O goberno local pretende comezar as obras antes do remate do ano coa axuda da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra, cun plan de execución dun ano.