Reabre a oficina de turismo da Armenteira

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Imaxe de arquivo da oficina aberta
Imaxe de arquivo da oficina aberta MARTINA MISER

Tras meses de polémica clausura, un convenio a tres bandas entre a Deputación e a Igrexa permite volver ofertar o servizo

31 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os deputados provinciais Javier Tourís e Nava Castro anunciaron onte no Mosteiro da Armenteira a inminente reapertura do punto de información turística que a Deputación de Pontevedra viña prestando nun dos emblemas turísticos do Salnés e pechado hai meses xerando unha forte polémica política. A reapertura é posible polo novo convenio da Deputación coa Arquidiocese de Santiago de Compostela e mais coa Comunidade de Irmás Cistercienses do Mosteiro de Santa María da Armenteira, polo que se lle cede á Deputación un espazo de doce metros cadrados.