O Memorial Miguel Ángel González arrinca con moito público

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Onte disputáronse os 24 primeiros encontros

23 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A décimo oitava edición do Memorial Miguel Ángel González Estévez de baloncesto infantil arrincou na tarde de onte no recinto feiral de Fexdega. Fíxoo coa disputa dos 24 primeiros partidos, que definiron os tres grupos con cadanseu título en xogo nas dúas xornadas restantes da cita vilagarciá. Hoxe, con encontros entre as dez da mañá e as sete da tarde, nos que se prevé se manteña a grande afluencia de público rexistrada onte.