O BNG fala de «obscena compra de vontades» na Mancomunidade do Salnés

La Voz A ILLA/ LA VOZ

AROUSA

Manuel Suárez, segundo pola esquerda, durante unha intervención na mancomunidade
Manuel Suárez, segundo pola esquerda, durante unha intervención na mancomunidade Martina Miser

Acusa ao PP de converter a entidade nunha «feira» e pide explicacións sobre a xestión de Aspérez en Fitur

13 feb 2024 . Actualizado a las 14:38 h.

A esquerda non lle vai dar tregua a David Castro (PP) á fronte da Mancomunidade do Salnés. Se a semana pasada era o PSOE ou que criticaba a liberación de José Aspérez na súa calidade de delegado de Turismo, agora é o BNG o que pide explicacións ao respecto e fala «dunha obscena compra de vontades».

O nomeamento de Aspérez aínda non foi referendado polo pleno da mancomunidade pero, pese a iso, xa empezou a exercer as competencias en turismo, por exemplo en Madrid na feira Fitur, onde estivo un día despois de aprobada a moción de censura do PP mancomunidade. «Imos pedir toda a documentación que xustifique a legalidade do nomeamento e a súa actuación en Fitur», segundo informa o voceiro do BNG, Manuel Suárez.

«En apenas uns días quedan ao descuberto as verdadeiras intencións do Partido Popular na Mancomunidade do Salnés. As súas prioridades non son a mellora da calidade de vida dos veciños nin solucionar os problemas dos servizos que se prestan. A súa prioridade é ocupar o poder polo poder, sen ningún tipo de escrúpulos, mercando vontades por salarios».

Os nacionalistas acusan ao PP de converter a mancomunidade «nunha feira» e de cometer irregularidades. Refínrese ao feito de que aínda non se convocara a primeira sesión ordinaria da xunta de vocais e á intención do PP de votar a elección de Sabela Fole como presidenta. «Manifestamos as nosas dúbidas sobre a cabida da elección de vicepresidente nunha sesión distinta á constitutiva, e por iso pedimos que a secretaria ou os servizos xurídicos emitisen un informe sobre o asunto».