Luisito pídelles aos seus xogadores que amosen na Liga a mesma competitividade da Copa

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Mónica Irago

O técnico do Arousa quere manter a liña que permitiu poñer contra as cordas o Valencia

10 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

«Les he dicho en el vestuario que los domingos tenemos que jugar con este ritmo e intensidad. Querer es poder. Pero en la Liga todavía estamos fuera del play-off». Son palabras de Luisito Míguez ao bordo da medianoite do pasado martes na sala de prensa do estadio municipal da Lomba, escasos minutos despois da conclusión do partido de segunda rolda da Copa do Rei, con apuradísima vitoria pola mínima de todo un Valencia C.F. Unhas declaracións que ocuparon unha parte pequena dos oito minutos de respostas á prensa do adestrador do Arousa na análise pos partido, pero que comezan a centrar o foco de atención a medida que o subidón pola grande actuación do conxunto arlequinado no torneo do KO, discutíndolle o pase de eliminatoria a todo un Primeira División, vai desaparecendo para devolver o Arousa á crúa realidade.

Cos pés de novo no chan, fretados os ollos e enxugada máis dunha bágoa conscientes de que «perdieron una oportunidad histórica de eliminar a un grandísimo equipo y a una institución histórica como el Valencia» [Luisito dixit], o vestiario da Lomba atópase con que nada do feito na noite de gloria o pasado martes cambia unha cousa: o Arousa é sexto na clasificación da Liga de Terceira R.F.E.F., a un posto e 3 puntos da zona de promoción que hoxe pecha o Somozas e con 8 puntos menos có Bergantiños, líder en solitario e inquilino provisional da única praza de ascenso directo.

«A mí ahora lo que no me vale es que —os seus xogadores— se relajen, porque sería tirarnos un tiro en la cabeza. Este partido —o do Valencia— hay que refrendarlo en la Liga», concluíu Luisito na súa última comparecencia de prensa no marco da Copa do Rei, pensando no transcendental duelo do día 17 co Alondras en Cangas.

Con todo, ao de Teo inda lle costa dixerir o 0-1 ante o Valencia e esta fin de semana comentaba: «Domènech —o porteiro che— díxome ‘Vi la eliminatoria volteada’».