Friscos organiza unha recollida de plásticos na ría de Arousa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Traballadores voluntarios pasarán dúas horas deste venres retirando refugallos na praia de Bamio

20 sep 2023 . Actualizado a las 09:19 h.

Conservas Friscos SA organiza este venres, ás 16.30 horas, unha acción solidaria de recollida de plásticos na ría de Arousa. Englobada na campaña Libera de Ecoembes, destinada a concienciar e a mobilizar a cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo, a actividade será desenvolta polos traballadores da fábrica voluntarios adheridos ao programa. Durante dúas horas dedicaránse a recoller canto plástico e demais refugallo contaminante atopen na costa próxima á factoría, na contorna da praia de Bamio.

Desde Conservas Friscos SA enmarcaban onte a iniciativa deste venres no conxunto de accións coas que, sinala a empresa de Catoira, busca contribuír a «concienciar de la importancia de una gestión medioambiental responsable, basada en las 3R —reducir, reciclar e reutilizar—, que lleva aplicándose en la empresa desde hace más de dos décadas». Una política que a firma do mar exemplifica con acción como a recuperación dos gases de depuración de augas residuais para a xeración de enerxía eléctrica, o aproveitamento de residuos orgánicos para a elaboración de fariñas de peixe, a diminución de efluentes líquidos e gaseosos ou a impartición de xornadas internas para a sensibilización do persoal de Friscos a fin de promover a redución e a reciclaxe de residuos.