Cincuenta anos dende a gradación da derradeira promoción do bacharelato técnico laboral de Vilagarcía

chicho berride

AROUSA

CEDIDA

O grupo vaise reunir unha vez máis, o 25 de agosto, nun xantar que se desenvolverá na capital arousá

30 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O 30 de xuño, un grupo de alumnos do entón chamado instituto laboral Calvo Sotelo remataban o Bacharelato Superior Técnico-Laboral. Sete anos de bacharelato que comezaban aló por 1966, Daqueles 139 alumnos divididos en tres primeiros só remataron 24 en 1973. Dende ese día van xa cincuenta anos. Foron a última promoción de bachilleres superiores técnico laborais.

Eses alumnos aínda tiñan que pasar dúas probas máis para acceder a estudos superiores en facultades ou escolas técnicas. A primeira proba era a reválida, que unha vez aprobada acreditábate como bachiller superior. A segunda era a proba de madurez, que facultaba os estudantes para iniciar estudos superiores. Facíase nalgunha vila de Galicia, naquel caso Betanzos, xunto con outros institutos da comunidade.

Pois ben, esta última promoción vaise xuntar nun xantar. Será o 25 de agosto, en Vilagarcía. Aqueles alumnos eran José Manuel Abalo Ares, Fernando Abalo Cores, José Manuel Abalo Crespo, Braulio Antonio Alcalde Silva, Jorge Alonso García, Juan Benito Antón Lede, José Ares Villanueva, Nicolás Barcala Patiño, Manuel Bouzada Ortigosa, Antonio Candamil Rosales, Eduardo Carregal Doval, Álvaro Antonio Gómez Giménez, Antonio González Berride, José Vicente Jamardo Chazo, Manuel Enrique Jiménez Abalo, José Santiago López García, Enrique Ramón Meaños Melón, Jaime Pidre Rosales, Luis Alberto Puga Trigás, Roberto E. Rietz López, Manuel Jesús Riveiro Peleteiro, Luis Ángel Sabarís Rolán, Jesús Manuel Veloso Batanero e José Jaime Villaronga Fuster.