Primeira xornada do Reviravolta no mercado

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A iniciativa busca promover a economía circular

31 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Reviravolta, a campaña de fomento das estratexias de economía circular organizada polo Concello, arranca hoxe con dúas actividades a desenvolver na praza de abastos. As actividades desenvolveranse no primeiro anda durante toda a semana. Esta primeira xornada comeza ás 10 da mañá cunha charla sobre a toma de decisións consciente e responsable á hora de facer a compra. E ás 11, os mestres composteiros impartirán un obradoiro práctico sobre como reutilizar os biorresiduos que xeramos nas nosas casas.