O arousán Roque Devesa, do AVE, é subcampión do ránking galego infantil

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

O club vilagarcián prepara a organización da derradeira proba da Liga de Espada, o mes que vén

18 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O traballo de fondo da cambadesa Araceli Bugallo na canteira da Asociación Vilagarcía Esgrima (AVE) comeza dar os seus froitos. Roque Devesa subiuse este mes ao segundo caixón do podio do ránking galego infantil ao termo de todas as probas puntuables. O AVE prepara agora o que será o derradeiro campionato autonómico da temporada, a proba da Liga de Espada na que exercerá de anfitrión o vindeiro mes.