As actividades centráronse nos areais das Rubas, Semuíño e Carboeira
26 mar 2023 . Actualizado a las 20:40 h.Mariscadoras e mariñeiros da Illa de Arousa xunto con outras persoas voluntarias convocadas pola Obra Social de Abanca colaboraron este sábado en diferentes enclaves costeiros da illa na retirada de máis de dez toneladas de residuos voluminosos. As actividades centráronse nos areais das Rubas, Semuíño e Carboeira, onde se atoparon, principalmente, pneumáticos empregados como defensas ou para fondeo de embarcacións, así como grandes cordas, cabos, áncoras en desuso, cables, boias e outros aparellos extraviados durante a actividade pesqueira. Tamén se recolleron aparellos de cultivo e madeiras tratadas. Os pneumáticos xunto co resto dos refugallos entregáronse no porto do Xufre a un xestor autorizado que se encargará do seu correcto tratamento.
Tras esta nova xornada de retirada de refugallos, son xa máis de 42 as toneladas de residuos retiradas no marco de Plancton das costas e fondos de Galicia, un programa que procura fomentar a conservación e sustentabilidade das actividades mariñas.