
O evento volve tras a pandemia con 14 galardóns e tres mencións especiais aos expresidentes do Club Juventud Jesús González, José Prado «Xepe» e Benito González «Millán»
16 mar 2023 . Actualizado a las 15:34 h.O deporte da vila do albariño volverá gozar, este sábado, desa festa anual coa que, baixo o nome de Gala do Deporte de Cambados, o Concello quere «homenaxear a quenes tantos éxitos nos están dando». O concelleiro da carteira correspondente, Fernando Patricio, foi o encargado de anunciar este martes, no salón de plenos do consistorio, a recuperación dun evento que celebrará a súa terceira edición, de regreso tras dous anos en branco obrigados pola pandemia e as súas restricións aparelladas.
O acto, con inicio ás oito da tarde deste sábado e entrada gratuíta no Auditorio da Xuventude ata completar o aforo, manterá o formato das dúas primeiras edicións, as realizadas nos anos 2019 e 2020, esta última, esquivando por moi pouco a explosión do covid-19. Así, explicou Fernando Patricio: «Na Gala entregaránse 14 premios, elixidos por un xurado composto polos xornalistas dos catro medios de comunicación que cobren a información deportiva da vila de Cambados. Cada premio contará con tres nominados, cada un dos cales recibirá cadanseu agasallo».
O concelleiro de Deportes fixo fincapé no alto número de aspirantes aos galardóns, máis de 60, principalmente a proposta de clubs locais, pero tamén dos integrantes do propio xurado. Unha cifra que, sostén Patricio, demostra que: «En Cambados temos moitos e bos deportistas». As categorías en lid son as seguintes: mellores deportistas masculino e feminina, promesa masculino, promesa feminina, veterano masculino, veterana feminina, adestrador, adestradora, mellor equipo dunha entidade, mellor club, mellor escola deportiva e, neste caso sen tres finalistas por categoría, senón cun gañador directo, recoñeceránse o mellor patrocinio e colaborador co deporte, a traxectoria deportiva e o mellor evento do ano celebrado durante o 2022 na vila do albariño.
Ademais das persoas, equipos, entidades e empresas nominadas e gañadoras das 14 categorías enumeradas, outros tres persoeiros do deporte local subirán ao escenario do Auditorio da Xuventude este sábado. Trátase dos expresidentes do Club Juventud Cambados Jesús González Crespo, José Prado Acha Xepe e Benito González Sanisidro Millán. «Son tres persoas que fixeron moito polo Club Juventud Cambados», sinalou na presentación da Gala do Deporte Fernando Patricio, que, engadiu, «traballaron arreo, mesmo cando o club non estaba en altas categorías, para que saíra adiante, e queremos darlles un detalle especial polo seu bo facer». «Premios merecidos», remarcou o concelleiro de Cultura, Tino Cordal, que acompañou o titular do departamento de Deportes no anuncio do regreso da Gala.
NOMINADOS AOS DIFERENTES PREMIOS DA GALA
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO
Amadeo Abal Chaves (P. Castellón)
Pablo López (Team PGZ)
Ángel Sánchez Rebollido (Mortágua)
MELLOR DEPORTISTA FEMININA
Celia Castro Padín (A. Atlética Mazí)
Ángela Oubiña Outeda (XAV)
Carlota Ribadomar Rodiño (Xuven C.)
MELLOR DEPORTISTA PROMESA MASCULINO
Brais Feijóo Cacabelos (Innae)
Hugo Cordal (C. Atletismo Cambados)
Alexandre Oubiña (C.J. Cambados)
MELLOR DEPORTISTA PROMESA FEMININA
Uxía Rodríguez Fernández (E.X. Burgas)
Sofía Parada Piñeiro (C.P. Cambados)
Daniela Bayón (C. Atletismo Cambados)
MELLOR DEPORTISTA VETERANO MASCULINO
Benito Iglesias (Cambados Tenis Mesa)
Ramón Padín (Cambados Tenis Mesa)
Santiago Falcón (C. Atletismo Cambados)
MELLOR DEPORTISTA VETERANA FEMININA
Lupe Vilar (C. Atletismo Cambados)
Araceli Bugallo (Compostela Esgrima)
Rosi Serantes (Judo Club Senín)
MELLOR ADESTRADOR
Joaquín Rodiño (C. Atletismo Cambados)
Manuel Serén (Xuventude Cambados)
Blas Charlín
MELLOR ADESTRADORA
Noelia Gómez Fabello (Innae)
Mariel Oubiña Vázquez (XAV)
Araceli Bugallo (Asoc. Vilagarcía Esgrima)
MELLOR EQUIPO DUNHA ENTIDADE
Cambados Tenis Mesa Veteranos
Promesas feminino C.J. Cambados
Albariño Veteranos
MELLOR CLUB
Club Taekuondo Innae Cambados
Club Atletismo Cambados-Seguros Noval
XAV Cambados
MELLOR ESCOLA DEPORTIVA
Club Atletismo Cambados
XAV Cambados
Club Taekuondo Innae Cambados
MENCIÓNS ESPECIAIS *
Jesús González Crespo
José Prado Acha, «Xepe»
Benito González Sanisidro, «Millán»
* Expresidentes do Club Juventud Cambados
Na gala entregaránse ademais cadanseu premio ao Mellor patrocinio e colaborador co deporte, á Traxectoria deportiva e ao Mellor evento do ano.