Un concursante do «Atrápame» interpretou o himno galego nun filme da India

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Basilio Camiña tocaba na rúa cando lle pediron unha canción

02 mar 2023 . Actualizado a las 10:08 h.

Basilio Camiña, concursante do programa da TVG Atrápame se podes, acudiu o martes a plató cunha sorpresa. Natural de Meaño, explicou en cámara que hai catro anos participou nunha película da India, Fíos sen tecer de Kashi, interpretando o himno galego co trombón. «Mentres tocaba na rúa, Abisheik —o director—, deume a oportunidade de participar na súa película», narrou.

A Basilio pedíronlle que tocara algo do seu país, e decidiu interpretar o himno, «porque me parecía algo moi representativo de aquí». E a composición de Pascual Veiga para o poema de Eduardo Pondal pasou a formar parte da banda sonora desta película independente.