Contundentes vitorias do Cambados e do Vilagarcía T.M.

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O conxunto capitalino escala á zona de fase de ascenso

07 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Xornada redonda a protagonizada polos dous equipos arousáns da División de Honra do tenis de mesa español. En ambos os dous casos, con vitorias contundentes do Cambados T.M. e do Vilagarcía T.M. sobre cadanseu rivais.

Na mañá do pasado sábado, o cadro cambadés asinou un triunfo innegociable fronte ao pechacancelas no duelo entre os dous peores equipos da Liga. Os locais impuxéronse no pavillón do Colexio San Tomé 5-1 (15-5) ao Elma Gasteiz. A fichaxe estrela do Cambados T.M. no mercado de inverno, Diego Piguave, gañou os seus dous duelos, 3-0 a Ander Madinabeitia e 3-1 ante Álvaro Lombraña. O mesmo fixo cos seus Dani Casalderrey: 3-1 fronte a Arkaitz Alcuten e 3-0 con Madinabeitia. Andrés Correa perdeu 0-3 con Lombraña antes de vencer 3-0 a Alcuten.

Un día despois, o Vilagarcía T.M. dobregou cun inesperado 6-0 (18-7) o Caja Rural-Galaxia Phone, segundo clasificado. Co seu triunfo, o trío formado por Sergiy Nigeruk, por Pedro Castro e por Matías Guadalupe escalou á terceira posición, situándose en posto de fase de ascenso.