Vilagarcía lembra a Mariví Villaverde e a súa loita a prol da liberdade e a memoria histórica

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

ALEJANDRO RODRIGUEZ

O auditorio acolle ás sete da tarde a proxección dunha curtametraxe sobre a súa figura e a reedición da obra «Tres tempos e a esperanza»

09 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Con só catorce anos, Mariví Villaverde Otero, filla de Elipidio Villaverde, primeiro alcalde republicano de Vilagarcía e deputado nas Cortes, sufriu toda a crueza da represión franquista logo do golpe de Estado de xullo de 1936. Co seu pai fuxido ao exilio, tivo que ficar agochada na súa casa, xunto a súa nai e os seus dous irmáns, entre ameazas de todo tipo. Isto e moito máis foi recollido pola autora no libro Tres tempos e a esperanza, que o departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra vén de reeditar. A obra, unha testemuña excepcional, será presentada ás sete desta tarde no auditorio da capital arousá, xunto coa proxección dunha curtametraxe sobre a súa figura.