Podemos Marea da Vila denuncia que o goberno local entorpece o labor da oposición

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Acusa o executivo de Alberto Varela de tratar de fuxir da fiscalización do resto das forzas da corporación municipal

27 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

«Podemos vén de denunciar que o Goberno Local trata de escapar ao labor de fiscalización da oposición retrasando de maneira sistemática o envío de actas das sesións da Xunta de Goberno Local cuxos acordos determinan a acción de goberno. Deste modo se dificulta que a oposición se manteña ao día dos acordos tomados e, ademais, o goberno de Vilagarcía está a incumprir a lei», afirma a formación morada.

O grupo político pon un exemplo claro: «A acta do 26 de xullo recibímola o 8 de setembro, máis dun mes despois da celebración da xunta de goberno cando a lei establece dez días para o envío ao resto da corporación», aseguran e apuntan a dificultade que ten para eles asumir ese funcionamento. «Á parte do retraso no coñecemento das decisións e da acción de goberno, ao final recibimos varias actas xuntas o que, unha vez máis, dificulta a nosa labor. O Goberno Local obvia que a oposición non ten liberados e temos que compaxinar a labor como oposición cos nosos traballos», afirman.

«María de la O Fernández González pídelle «máis respecto tanto á corporación como á veciñanza. A comunicación dun goberno non debe limitarse á propaganda e o marketing», asegura a portavoz.