Meis convértese no epicentro do jazz galego esta fin de semana co festival da Armenteira

sandra rey / P.P. MEIS / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Actuarán Quiet Four, The SPJ Project, Antilia e Street Jazz Band

14 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta fin de semana celébrase a sétima edición do Armenteira Jazz, o festival de música jazz que botou andar no verán de 2016. Os concertos comezarán este venres, 15 de xullo, ás 22.00 horas coa actuación de Quiet Four, seguida de The SPJ Project ás 23.30, unha agrupación de artistas formados no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e que darán pé a facer unha jam session, unha improvisación musical á que se poderá unir calquera artista que o desexe.

O sábado será o quenda de Antilia, que actuará ás 23.30 horas, con Marcos Pin Trío pechando a noite con outra jam session. O último día do festival, o domingo 17, será a Street Jazz Band a que se suba ao escenario da Armenteira a partir das 12.30 horas. Todos os concertos serán ao lado do mosteiro, na praza do Vilar.

Durante a presentación do programa, a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, aseguraba que «este é un dos eventos máis importantes deste concello, un dos eventos, desde logo, máis bonitos, porque ademais de escoitar boa música, da mellor música que hai, pois ademais se fai tamén nun dos lugares con máis encanto de Meis, que é ao carón do Mosteiro da Armenteira».

O Armenterira Jazz será unha oportunidade de desfrutar da música e maridala coa gastronomía local.