A directiva do Céltiga lanza un S.O.S. á sociedade da Illa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Advirte da máis que probable desaparición do club e da súa escola de fútbol se non aparece un grupo disposto a asumir a súa xestión no prazo que vai ata o 12 de xuño

28 may 2022 . Actualizado a las 13:34 h.

«Ni el Concello se hará cargo del fútbol base como se especula, ni la actual directiva seguirá aunque no se presente ninguna alternativa». Así de clara e de contundente se manifestou a directiva do Céltiga, que onte lanzou un S.O.S. á cidadanía da Illa de Arousa advertindo de que «es muy probable que [...] una vez que la actual directiva cese de sus funciones al completo el 12 de junio, el Céltiga FC reciba una estocada definitiva y que afectará sobre todo y muy gravemente al futuro de su escuela base».

De feito, os inda responsables do Céltiga amosan a súa «indignación con la actuación de algunos clubes de los alrededores llamando directamente a jugadores de la base».

Ademais, desde o club illense faise saber que a principal vía de ingresos coa que subsiste a entidade, a organización de a lo menos dúas das festas gastronómicas que se fan durante o verán no municipio: «Se encuentran en este momento totalmente paralizadas» cando xa faltan un par de meses para a súa celebración.