A banda sonora das conserveiras soou na Illa

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Xurxo Souto, infatigable, coas cantareiras que atopou na Arousa
Xurxo Souto, infatigable, coas cantareiras que atopou na Arousa Mónica Irago

Xurxo Souto reuniu as traballadoras das fábricas na biblioteca

27 may 2022 . Actualizado a las 14:03 h.

A cita prometía, máis logo de que Xurxo Souto fixera un chamamento ás mulleres da Arousa para que acudirán á biblioteca. O escritor e cantareiro chegou onte á Illa cos seus libros e unha traxectoria de vinte anos como escritor, pero Souto non se conforma co iso. Sempre que pode aproveita os lugares que visita para rescatar un anaco da súa tradición musical. Onte tocou debullar os cantares que se escoitaban hai anos nas conserveiras, e as cantigas soaron na antiga casa de Goday.