Armenteira acada unha ITV móbil para vehículos agrícolas

La Voz MEIS / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O Concello informará nos vindeiros días onde e cando se pode pasar a inspección

25 may 2022 . Actualizado a las 16:51 h.

O Concello de Meis anuncia que nos vindeiros días unha unidade móbil de inspección de vehículos (ITV) agrícolas trasladarase a Armenteira e que proximamente informará aos veciños interesados do lugar e horarios no que se poderá levar a cabo a inspección.

Este asunto dou que falar no Concello e chegou incluso ao Parlamento galego da man do BNG, onde o pasado abril debateuse unha proposición no de lei solicitando la instalación deste servizo na parroquia. A falta dun punto de ITV cerca das súas casas obriga aos propietarios de tractores a acudir a outros municipios veciños, coa molestia e perigo que elo comporta, xa que circular por estradas con pendentes cun 5 % de desnivel con este tipo de vehículos non é o máis seguro nin aconsellable.

No seu día incluso se chegou a facer unha recollida de sinaturas para demandar un servizo que, por fin, chega á Armenteira.