O BNG cre que Cacabelos non busca solucionar o problema da Galiña Azul

l. castro O GROVE / LA VOZ

AROUSA

LETICIA CASTRO

Os nacionalistas instan ao alcalde de O Grove a esixir que a Xunta cumpra coas súas obrigas

17 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras as mobilizacións de pais e nais afectados polo problema de espazo na Galiña Azul en Rons, o BNG do Grove pronunciouse estes días para amosar o seu apoio ás familias e criticar unha vez máis o proceder do alcalde José Cacabelos. Os nacionalistas consideran que as solucións propostas polo executivo non buscan solucionar o problema, senón máis ben calmar os ánimos dos pais. O voceiro do Bloque, David Torres, sinalou que se o goberno fixese os deberes no seu momento, O Grove disporía agora dunha segunda escola infantil.

Refírese Torres ao Colexio das Monxas, un inmoble que o BNG xa propuxo no seu momento para a súa compra, antes incluso de que os socialistas fixesen o primeiro movemento para mercalo. O voceiro nacionalista insistiu onte en que Cacabelos debe seguir presionando á Xunta para que cumpra coas súas obrigas: «É el o que debe velar polos intereses dos veciños».