Vilagarcía abre as Letras Galegas cun festival e cunha homenaxe dos escolares

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O festival Nós de Sobradelo trasládase hoxe ao auditorio diante da previsión de choiva

15 may 2022 . Actualizado a las 10:46 h.

Vilagarcía de Arousa pon en marcha esta fin de semana a programación conmemorativa do Día das Letras Galegas, que terá o seu punto álxido o próximo 17 de maio. A música e o baile tradicional serán os protagonista hoxe domingo, mentras que os escolares tomarán o relevo o luns para protagonizar un acto conxunto de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se dedica este ano a xornada.

Finalmente, o auditorio será o escenario do Festival Nós de Sobradelo, debido as previsións de choiva que se anuncian para hoxe mesmo. A partir das sete da tarde, a agrupación folclórica vilagarcián representará o repertorio dos seus grupos oficias e escolas de baile, canto, gaita e percusión. O espectáculo contará coa intervención dun convidado, neste caso, o grupo de baile e música tradicional Sadeo de Ponteareas. A entrada a esta cita será libre e de balde.

Xa o luns, os actos das Letras Galegas trasladaranse á praza de Galicia, onde entre as once da mañá e a unha da tarde levarase a cabo unha homenaxe literaria. Polo escenario pasarán os alumnos dos colexios O Piñeiriño, San Francisco e A Lomba e do instituto Castro Alobre para facer unha homenaxe ao autor ao que se lle dedica este ano a xornada. En caso de choiva, a actividade será no auditorio.