A biblioteca de Vilagarcía acolle unha exposición sobre Florencio Delgado

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

14 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A biblioteca municipal Rosalía de Castro de Vilagarcía súmase á programación conmemorativa do Día das Letras Galegas con dúas actividades destinadas dar a coñecer a figura e a obra do autor homenaxeado este ano: Florencio Delgado Gurriarán (1903 Vilamartín de Valdeorras- 1987 California- USA). Para divulgar o legado deste avogado, militante galeguista e poeta exiliado en México, a biblioteca deseñou unha guía de lectura coas obras do fondo local e exhibirá a partir do luns, 16 de maio, unha exposición bibliobiográfica sobre a súa persoa. A guía recolle os títulos asinados polo autor ou que tratan sobre el e que están dispoñibles no fondo da bBiblioteca. Distribúense en obra poética, outras publicacións (colaboracións, publicacións periódicas e outras) e estudos críticos e biográficos.

Ademais do apartado bibliográfico, a exposición compleméntase co material enviado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a vida e obra do autor: dez paneis nos que se conxuga a información escrita coa gráfica (fotos da vida, debuxos, portadas de libros, etcétera.) coa información escrita. Os carteis informativos estarán situados no vestíbulo de entrada da casa de cultura e a mostra bibliográfica, no primeiro andar da biblioteca.

A exposición poderá visitarse a parir do luns, día 16 de maio, ata finais de mes, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas e os sábados de 9 a 14 horas.