19 autores para a Ruta da Arte 2022

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

14 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A concellería de Cultura de Vilagarcía e 19 creadores plásticos rescatan do arquivo a Ruda Arte, unha experiencia colectiva que se remonta quince anos no tempo. Unha exposición conxunta recolle unha obra de cada un deles, que dende onte e ata o 23 de xuño poderá ollarse na sala Antón Rivas Briones da capital arousá.