—Xeneracionalmente acabas atopando puntos similares. Escoitando a Ortiga ou Grande Amore coincido coas cousas que din, iso fai que conectes coa xente. Ao final, para a nosa xeración o Xabarín quedou gravado. Cando te decatas é algo inconsciente, e neste caso a xente vai escoitando a nosa música e acabas transmitindo aos teus colegas e vai pasando de uns aos outros ata que se converte en algo que gusta.