Os socialistas falan de «os intereses que nese aparcadoiro poidan existir» e anuncia a súa intención «de chegar ao fondo do asunto».
19 feb 2022 . Actualizado a las 19:21 h.
O PSOE de Vilanova denuncia que no aparcamento privado situado ao carón do Hospital do Salnés, en Vilanova, estanse facendo obras sen licenza consistentes nunha explanación para ampliación do aparcadoiro e un peche de formigón armado. Lamentan que o Concello «nin abrira dilixencias de paralización, nin tan sequera denuncia previa das obras que se están executando» e pide que se cree unha comisión de investigación para clarificar os feitos. A reacción do goberno vilanovés chegou onte mesmo para informar de que o párking ten licenza de obra, presentou o inicio de actividade en 2022 e que os muros de menos de 1,5 metros de altura non están suxeitos a licenza.
O PSOE fala de «os intereses que nese aparcadoiro poidan existir» e anuncia a súa intención «de chegar ao fondo do asunto». «Tendo en conta de que circulan pola poboación rumores de todo tipo acerca de quen poden ser os beneficiarios da explotación económica do aparcadoiro, e ao obxecto de saír de dúbidas, este grupo considera esencial a constitución dunha comisión de investigación».
Pola súa banda, Párking Salnés, promotora das obras, presentou este sábado a licenza coa conta para realizar os traballos. O seu portavoz, Luis Piñeiro, di ignorar por que este proxecto despertou o recelo do PSOE.