Baile, poesía e pombas polo Día da Paz en Fefiñáns

La Voz

AROUSA

Profesores e alumnos do instituto Francisco Asorey de Cambados recuperaron onte o que xa é un clásico

01 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Profesores e alumnos do instituto Francisco Asorey de Cambados recuperaron onte o que xa é un clásico dentro da celebración do Día da Paz no Salnés. Centros de participantes puxeron en escena, coas debidas medidas de seguridade e un especial protagonismo para os estudantes de primeiro e cuarto da ESO, unha coreografía multitudinaria na praza de Fefiñáns, baixo a coordinación do profesor de Educación Física Pablo Cuervo Martínez. Soou música de Michael Jackson e a célebre «Jerusalema», recitáronse poemas e, ao cabo, ceibáronse pombas, o símbolo universal da paz. foto martina miser