Os adornos con pezas de bicicletas gaña o concurso de decoración sostible de Nadal de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

O segundo premio foi para  Martín Costa Calvo e o terceiro, para Jimena Oubiña Ferreiro

15 ene 2022 . Actualizado a las 19:00 h.

Os adornos elaborados por Mateo e Chloé Ferreiro con adornos elaborados con pezas de bicicletas vellas gañou o concurso de decoración sostible de Nadal convocado pola concellería de Xuventude de Vilagarcía.

O segundo premio foi para a vila de Nadal de Martín Costa Calvo, que deseñou ¡a base de briks e cascas de pistachos. O terceiro premio recaeu na árbore de Nadal realizada con papel e dos anxiños creados con cunchas e cápsulas de café obra de Jimena Oubiña Ferreiro.

O gañador recibiu como premio unha tableta dixital valorada en 300 euros e o segundo e terceira clasificados foron gratificados cun lote de material didáctico e lectura valorados en 200 e 100 euros respectivamente.

Como xa acontecera o ano pasado, no que o concurso pasou do ámbito escolar, ao familiar, a convocatoria trasladouse ao interior dos fogares dos nenos e nenas vilagarciáns co obxectivo de que eles mesmos participasen do forma activa na decoración das súas casas utilizando materiais naturais, reciclando e utilizando refugallos. Os premios concedéronse en base á puntuación obtida polos traballos, en base aos criterios de avaliación fixados nas bases, tendo en conta os elementos antes expostos, así como á orixinalidade e laboriosidade dos deseños.

Os tres finalistas obtiveron unha alta valoración do xurado, con puntuacións moi axustadas de 8,8 para o primeiro premio, 8,1 para o segundo e 7 para o terceiro, segundo informa o Concello de Vilagarcía.