Luis Zahera actuará en Vilagarcía o 14 de maio

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

ADRIAN BAULDE

Quero facer de galán, xa ten nova data para a súa estrea no auditorio  tras ter que suspenderse a función prevista para hoxe, 14 de xaneiro, por dar positivo en covid o actor

14 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O novo espectáculo de Luis Zahera, Quero facer de galán, xa ten nova data para a súa estrea no auditorio de Vilagarcía tras ter que suspenderse a función prevista para hoxe, 14 de xaneiro, por dar positivo en covid o actor. A representación terá lugar finalmente o sábado, 14 de maio, ás nove da noite.

As entradas xa están a venda na web de ataquilla.com e as persoas que tiveran adquirido billetes para a función suspendida terán a oportunidade de recuperar os cartos ou cambiar as entradas para o mes de maio. O prezo das entradas é de 12 euros na zona A do patrio de butacas e 10 para as zonas B e C, máis gastos de xestión dos pases na venda anticipada.