O autocine de Nadal volve esta tarde ao recinto feiral de Fexdega

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Proxéctase El origen de los guardianes, filme de animación dirixido por Peter Ramsey no ano 2012

30 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O autocine súmase hoxe á programación cultural e lúdica organizada en Vilagarcía co gallo das festas de Nadal. Así, a partir das 19.30 horas, o aparcamento posterior do pavillón de Fexdega, onde se desenvolve o parque de atraccións con pista de xeo do Fexturrón, será proxectada El origen de los guardianes, unha película de animación dirixida por Peter Ramsey no ano 2012.

A entrada para este evento é libre ata completar aforo, pero é preciso reservar o acceso previamente a través da plataforma Vivetix.

Os «guardianes» son un grupo de superheroes inmortais con poderes extraordinarios. Cando un espírito malvado chamado Shadow comeza encher de medo os corazóns dos nenos de todo o mundo, os gardiáns únense por primeira vez para defenderse e defender o mundo do seu temido inimigo.

O filme de Ramsey recibiu varios premios no ano da súa estrea e estivo nominado a outros máis, incluídos o Globo de Ouro á mellor película de animación.

O autocine forma parte da programación de Nadal do Concello de Vilagarcía. Esta actividade colleu auxe nas programacións de diversos concellos dende o inicio da pandemia do covid-19, xa que permite manter a seguridade.