A banda de Vilagarcía despide este xoves o 2021 co tradicional concerto de Fin de Ano

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

ADRIÁN BAÚLDE

A venda das entradas arranca hoxe

29 dic 2021 . Actualizado a las 22:28 h.

A banda de música de Vilagarcía ofrecerá este xoves, 30 de decembro, a partir das 20 horas, o xa tradicional concerto de Fin de Ano. E farao, en primeiro lugar, cunha lembranza aos habitantes de La Palma a través da interpretación «Pompeii», a épica composición que José Alberto Pina dedicou o fito histórico da destrución de Pompeya polo volcán Vesubio. Por suposto, no recital non faltarán as celebérrimas composicións da familia Strauss.

A venda das entradas comeza hoxe martes, na billeteira do auditorio, en horario de mañá de 10.30 a 13.30, e de tarde de cinco a sete e media. O xoves, as entradas só se venderán a partir das seis. Os prezos son de 5, 4 e 3 euros. Segundo explicou o director da Banda, Jesús Nogueira, a primeira parte do concerto estará dedicada á música máis sinfónica e a segunda no que xa vén sendo unha tradición neste tipo de concertos de Fin de Ano: as composicións da familia Strauss.