Ravella aproba o pago de 60.000 euros en axudas ao estudo superior

FIRMA VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Foron 161 os beneficiados, que recibirán entre 400 euros

21 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta de Goberno de Vilagarcía vén de aprobar o pago dos 60.000 euros previstos na nova convocatoria de axudas paro os vilagarciáns que cursan estudios superiores. En total, e de acordo co baremo establecido nas bases, foron 161 os beneficiados, que recibirán entre 400 euros ?cando se trata de estudios universitarios ou similares- e os 200 ?cando se refire a Formación Profesional e similares, ademais da Universidade a Distancia (UNED). Lamentablemente, 30 dos aspirantes que si cumprían coas bases quedaron fóra das axudas porque, segundo as normas, na súa concesión non se poderían pasar os 60.000 euros de consignación. Por outra banda, tamén se aprobou unha segunda quenda de axudas á educación infantil. En total, na segunda convocatoria aprobáronse 23 novas bolsas de 60 euros.