Mar de Santiago, co alumeado de Nadal de Acende o Xacobeo

La Voz VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

As fachadas das igrexas de San Cipriano (Vilanova) e de San Xulián (Pontecesures) veranse engalanadas coas luces do programa promocional

21 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Este fin de ano será especial: saímos dun 2021 Xacobeo e entramos nun 2022 que volve selo. Nesta circunstancia especialísima, propiciada pola covid-19, a Xunta desenvolve un programa de promoción que consiste en alumear 52 edificios emblemáticos das distintas rutas a Santiago de Compostela. O territorio Mar de Santiago, formado polos concellos de Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures, estará representado nese proxecto, de forma que as fachadas das igrexas de San Cipriano (Vilanova) e de San Xulián (Pontecesures) veranse engalanadas coas luces do programa «Acende o Xacobeo» que, co Nadal chamando á porta, xa está en marcha.