O Apalpador visitará varios concellos da comarca do Salnés

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

23 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Apalpador, xunto co seu compañeiro o acordeonista Servando Barreiro, achegarase a varios concellos da comarca do Salnés. A previsión é que celebren dúas actuacións en horario de mañá e de dúas de tarde cada día entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro, nunha iniciativa que chega da man da Deputación de Pontevedra.