«O mel non caduca», de Ibuprofeno Teatro, hoxe no Auditorio

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

cedida

Ibuprofeno Teatro representa a súa obra a partir das oito da tarde

06 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O escenario do Auditorio de Vilagarcía levanta esta tarde o seu telón para a representación de O mel non caduca, proposta que a compañía Ibuprofeno Teatro achega á capital arousá da man do ciclo organizado pola Concellería de Cultura e pola Agadic. 

Desde as oito, o elenco encabezado por Avelino González e por Marián Bañobre representará a peza creada e dirixida por Santiago Cortegoso. Unha obra con mensaxe ecoloxista e advertencia do que todo o mundo está a poder ver nos medios de comunicación, a hecatombe medioambiental que se aveciña no planeta de non cambiar o noso actual sistema de consumo e de relación coa natureza.

A sinopse da obra presenta a dous científicos e apicultores no ano 2173, nun futuro no que a Terra está arrasada, tratando de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva no planeta.

A entrada á función custa 5 euros, 3 para os maiores de 65 anos, para os titulares do carné xove e para desempregados. Pódese adquirir por anticipado na web http://www.ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500, con custes de xestión; ou ben desde as seis da tarde na billeteira do propio Auditorio, neste caso aos prezos arriba sinalados.