Chévere representará o 13 de novembro en Vilagarcía o seu novo traballo, sobre o Prestige

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

BASILIO BELLO

As entradas póñense hoxe á venda

09 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A compañía de teatro Chévere voltará o 13 de novembro a Vilagarcía. Faráo para presentar o seu último traballo, N.E.V.E.R.M.O.R.E., unha reflexión profunda sobre a catástrofe do Prestige, xusto o día que se cumprirán os 20 anos da mesma.

A idea da obra, explican desde a compañía, naceu o ano pasado a raíz do impacto provocado pola «chegada dun virus que demostrou que todo pode mudar. Que o mundo pode parar. Aí decatámonos do rápido que esqueceramos» a maior catástrofe medioambiental sufrida ata o momento en Galicia.

Partindo dun traballo documental, Chévere muda o «Nunca Máis» daquel 2001 e sucesivos primeiros anos de loita reivindicativa polo N.E.V.E.R.M.O.R.E. que dá título á súa ata agora última creación. Unha peza dirixida por Xron e co elenco habitual de Chévere, con Miguel de Lira e con Patricia de Lorenzo á cabeza, acompañados por Manuel Cortés, por Borja Fernández, por Mónica García e mais por Arantza Villar.