«Pitusa Semifusa», unha cita coa dinamización lectora na Illa de Arousa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

BASILIO BELLO

Mañá sábado, no auditorio municipal (18 horas)

08 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá sábado vai ter lugar, no auditorio municipal (18 horas) unha actividade de dinamización á lectura protagonizada por Olga Brañas e que leva por título «Pitusa Semifusa». O espectáculo, que terá unha duración duns cincuenta minutos, enmárcase no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, unha iniciativa da man da que visitará A Illa, o 23 de outubro, Paco Nogueira con «Extra!».