Alberto Varela, delegado de Vilagarcía no congreso federal do PSOE

La Voz

AROUSA

Martina Miser

Os socialistas vilagarciáns celebraron unha asemblea extraordinaria, na que deron conta dos últimos acordos coa Autoridade Portuaria

25 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A agrupación do PSdeG-PSOE en Vilagarcía celebrou onte unha asemblea extraordinaria con motivo do 40 aniversario federal do Partido Socialista. O alcalde da cidade, Alberto Varela, acudirá á cita como delegado dos socialistas vilagarciáns. Á marxe desta cuestión, os militantes abordaron diferentes asuntos relativos á política municipal. Entre eles, o acordo coa Autoridade Portuaria para la construción do novo centro de saúde e a recuperación do peirao do Ramal para un uso aberto á cidadanía.