A desembocadura do río Umia acolle dúas rutas guiadas en outubro

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

BEA COSTA

A primeira será o día 1 e a segunda, o 10 do vindeiro mes

22 sep 2021 . Actualizado a las 16:26 h.

O Obradoiro de Emprego Cambados Emprendedor II organiza unha andaina aberta a todo tipo de público que terá lugar o día 1 de outubro na desembocadura do Umia. Trátase dunha ruta de nove quilómetros, de dificultade baixa, que permitirá descubrir a flora e a fauna local, ademais de coñecer diferentes hábitos saudables e desfrutar dunha xornada de lecer e desfrute. A inscrición é gratuíta e limitada a trinta persoas. As inscricións poden formalizarse no teléfono 667 086 831.

Para o día 10 organizouse outra saída, neste caso dentro do programa Depo Orienta da Deputación de Pontevedra, que xa Na apertura do prazo de inscrición o pasado luns 20, as 200 prazas para a terceira e última proba prevista para este 2021 en Cambados esgotáronse en tan só 24 horas e xa hai persoas en lista de agarda para participar nesta ruta. Tamén se esgotaron as prazas na proba do pasado día 5 no monte do Galiñeiro en Gondomar e na vindeiro domingo no monte do Acibal en Barro. A cita en Cambados é o 10 de outubro na desembocadura do río Umia.

Este espazo foi obxecto nos últimos anos de traballos de recuperación medioambiental o cal redunda de que cada vez sexan máis as persoas que o elixen para pasear e andar en bicicleta para gozar deste entorno natural.