O BNG pide no Parlamento a suspensión do proxecto eólico para Castrove

La Voz MEIS

AROUSA

Considera que terá «fortes afeccións ao patrimonio cultural e natural e polo impacto negativo no territorio e na poboación da contorna».

17 sep 2021 . Actualizado a las 18:12 h.

O BNG vén de presentar unha proposición non de lei pola que pide que se suspenda a tramitación do parque eólico previsto no monte Castrove «polas fortes afeccións ao patrimonio cultural e natural e polo impacto negativo no territorio e na poboación da contorna».

O proxecto de Castrove sérvelle ao BNG de punta de lanza para abordar unha cuestión que consideran debería estar baseada «na participación pública e das persoas propietarias do solo, na sustentabilidade e na xustiza enerxética, e na protección dos recursos hídricos e dos valores naturais e culturais do territorio».

No Bloque cren que isto no se está facendo e aproveitan esta iniciativa parlamentaria para preguntarlle ao Goberno galego que opina do proxecto de Castrove e como valora a contestación social que está obtendo nos municipios afectados.