O padexeiro do Náutico O Muíño estrearáse o venres na procura do pase directo á final do domingo. Os breoganistas David Barreiro e Noel Domínguez tamén compiten en Dinamarca
16 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Escasa a participación arousá no Campionato do Mundo Absoluto de Pista -augas tranquilas-, derradeira gran proba da temporada.
O padexeiro do Club Náutico O Muíño de Ribadumia Manuel Fontán disputará a proba de C1 500 -non olímpica-. A súa estrea está programada para mañá venres ao mediodía. De non superar o primeiro corte, terá unha segunda oportunidade ás 14 horas do sábado para entrar na final polas medallas do domingo desde as 12.06 horas.
Na capital danesa estarán tamén dous padexeiros do Breogán do Grove. O cangués David Barreiro, que competirá no barco olímpico C1 1.000, e o madrileño Noel Domínguez, formando parella co pontevedrés Martín Jácome no C2 1.000.