O PSOE sobre as conexións do tren: «O que pide a señora Suárez xa se anunciou en xuño»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Julio Torrado sinala que «Vilagarcía conta cunha parada directa con Madrid, ademais de dous enlaces con Santiago»

11 sep 2021 . Actualizado a las 21:00 h.

O parlamentario do PSdeG, Julio Torrado, replicou onte ás que deu en chamar «acusacións carentes de sentido» por parte da deputada do PPdeG, Elena Suárez, a raíz do debate dunha proposición non de lei transaccionada entre el grupo popular y el BNG votada esta semana. Acordouse solicitar ao Goberno central que Renfe rectifique e, de inmediato, inclúa a parada de Vilagarcía no segundo tren Alvia que une Vigo e Madrid, así como que, progresivamente, todo os trens de longa distancia que comuniquen Vigo e Pontevedra coa capital paren en Vilagarcía. Torrado explicou que «Vilagarcía conta cunha parada directa con Madrid, ademais de dous enlaces con Santiago» e engade: «Adif xa ten comprometido a segunda parada directa que eles reclaman, ademais dun enlace adicional con Santiago para finais deste ano. O que a señora Suárez pide xa foi anunciado polo Adif no mes de xuño».