O PP fala de «gran avance» e o resto da oposición bota en falta máis información e participación sobre o acordo entre Ravella e o Porto

Bea Costa
bea costa VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

En Común valora esta operación como «ruinosa» e alerta da existencia de «clausulas perigosas para o Concello»

12 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A oposición municipal de Vilagarcía tamén ten algo que dicir sobre o acordo polo que o Concello comprará, por 1.886.120 euros, a parcela de 6.800 metros cadrados situada no Ramal na que se falou de construír un hotel. A cambio, a Autoridade Portuaria cederá o uso de 12.000 metros cadrados e o resto da superficie do peirao utilizarase como estación marítima que servirá como punto de recepción de cruceiros e será de uso público. Como cabía esperar, a valoración dos grupos da oposición defire en función da súa posición política. Nesta rolda de consultas feita onte non foi posible recabar a opinión do BNG.

PP

«Un gran avance». A formación conservadora fala dunha noticia moi positiva «ya que supone un gran avance para la ciudad, una apuesta que supondrá más espacio para el disfrute de la ciudadanía en una zona privilegiada», segundo apunta a portavoz dos populares, Elena Suárez. «En primer lugar porque de ese acuerdo se desprende que Vilagarcía va a tener el centro de salud que nos merecemos. Ahora, tras una nueva insistencia de la Consellería de Sanidade, por fin Ravella se implicó en darle solución a los escollos que presentaba el informe técnico y se salvaron esas dificultades convirtiendo la antigua Comandancia, única opción presentada por el Concello, en un espacio apto para el nuevo centro de salud». Acadado este obxectivo, o PP pídelle a Alberto Varela que «cumpla con su responsabilidad de resolver los problemas de movilidad que rodean a la Comandancia». 

Vilagarcía en Común

«Cláusulas perigosas». Esta formación cre que se trata dunha «operación ruinosa para as arcas municipais» e advirte de que o acordo ten «cláusulas perigosas para o Concello, e por este motivo nin este acordo nin o presentado hai case dous meses, no que estaba representada a Consellería de Sanidade, foron presentados ao resto da corporación, a pesar de que nós pedimos en reiteradas ocasións que se non entregaran estes documentos». En Común defende que O Ramal estea a disposición dos veciños, pero non a calquera prezo, máxime cando se trata de terreos de carácter público. «Un bo xestor municipal debería poder conseguir ese espazo a custe cero. Con este diñeiro, Vilagarcía podería ter a titularidade da Finca do Outro, en Fexdega, e a finca dos duques de Terranova na Comboa», reflexiona o portavoz, Juan Fajardo. Á vista deste relato, Vilagarcía en Común-Esquerda Unida pide unha cesión gratuíta ao Concello dos terreos do Ramal e utilizar o diñeiro que se aforraría nesta transacción en adquirir novos espazos para esparcemento da cidadanía, como é o caso de novas zonas para a práctica de deporte.

Podemos-Marea da Vila

«Que a veciñanza decida». «Abrir o espazo á veciñanza sempre é unha boa nova, pero descoñecemos o proxecto do Concello e non sabemos a que uso se vai destinar. A nosa proposta é que o destino deses terreos se abra participación da veciñanza. Se recuperamos o terreo para a veciñanza que sexa de verdade, dándolle á xente a opción de decidir o seu destino», opina a formación a través da súa concelleira e portavoz, María de la O Fernández. «É unha boa ocasión para que este goberno se atreva cos orzamentos participativos. Estamos falando dun investimento moi importante que, xunto á parcela da Comandancia, vai condicionar as finanzas de Vilagarcía durante anos. O pertinente é que a veciñanza poida decidir», engade.

Ciudadanos

«Un desprecio a la oposición». O portavoz da formación laranxa, David Oliveira, non se ve con ferramentas suficientes para valorar un acordo entre Concello e Autoridade Portuaria alegando que descoñece o contido do mesmo de xeito oficial. O que sabe leuno na prensa e lamenta que o alcalde non tivera a deferencia de dar conta deste asunto á oposición antes de acto público celebrado o venres co presidente do Porto, José Manuel Cores Tourís. «Es un desprecio a la oposición». En todo caso, a Ciudadanos parécelle un investimento «brutal» que habería que analizar polo miúdo co resto da corporación.