Os Ingleses e Pontevedra R.C. acordan compartir xogadores e recursos das súas canteiras

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O convenio arrinca cos equipos Sub 18 e barállase incluir o Lalín

05 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As directivas dos Ingleses Rugby Club e do Pontevedra Rugby Club fixeron público esta semana «un acuerdo de colaboración que permitirá que nuestras categorías Sub 18 compitan juntas esta temporada». Un documento que formalizou unha asociación que xa viña funcionando nos tres anos anteriores, nos que a entidade vilagarciá lle cedeu os seus contados rugbieres Sub 18 á veciña do Lérez ao non dispor dos suficientes para sacar equipo na Liga Galega e a fin de que os seus canteiráns non quedaran sen xogar. Con todo, os dous clubs pretenden ir moito máis aló e facer deste acordo «el principio de un camimo que queremos recorrer juntos», sinalan nun comunicado conxunto, no que desvelan que «se han iniciado conversaciones para crear un marco de colaboración estable que permita compartir experiencias, formación y organización a todos los niveles teniendo al jugador como centro».

Puidera haber quen entendese disto que Os Ingleses R.C. e o Pontevedra R.C. están a camiñar cara unha fusión. Nada máis lonxe da realidade, explícanos Ju Santórum. O directivo e enlace entre os xestores do club vilagarcián e o seu corpo técnico explica que tras o anuncio desta semana aparece a pretensión dos dous firmantes de avanzar cara a integración de recursos co único obxectivo de maximizar o traballo de canteira: «La idea es unificar los pocos recursos de los que disponemos y ponerlos en común. Compartir jugadores, pero también entrenadores. No centrarnos en nuestros ámbitos geográficos, porque si cada uno mira para su ombligo, nos vamos al carajo».

Nesta liña, Ju Santorum fala, entre outras iniciativas, de «trabajar la promoción en localidades donde no haya rugbi, y si por ejemplo uno de los clubes tiene un técnico de un municipio del entorno del otro, que sea él el que se encargue, para ahorrar costes». Tamén «compartir costes de equipos» como o Sub 18 e probar a conseguir o permiso da Federación Galega para que este «alterne sus partidos en casa en Pontevedra y Vilagarcía y también la indumentaria de los dos clubes», se ben isto último é, conta o directivo dos Ingleses, secundario, co Pontevedra R.C. partindo como equipo inscrito.

A intención é ampliar a colaboración ao Lalín, que nos tres últimos anos cedeu os seus rugbieres Sub 14 aos Ingleses por non ter suficientes para montar o seu propio equipo, solución que evita que os rapaces deixen o seu deporte.

En paralelo, Os Ingleses realizará o vindeiro mércores na Praza de Galicia de Vilagarcía unha xornada de captación de nenos para a súa canteira, cando xa recuperou arredor do 90 % dos que tiña nela antes da pandemia logo de caer a un 60 % a tempada pasada.