O instituto de Valga contará cunha cuberta de mil metros cadrados no patio

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

cedida

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade investirá 217.000 euros na obra

02 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai dotar á zona deportiva do patio do IES de Valga, emprazado na parroquia de Xanza, dunha cuberta cun investimento de 217.000 euros. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou este mércores o instituto e anunciou esta actuación, que actualmente se atopa en fase de contratación. A obra conta cun prazo de execución de catro meses, polo que as previsións apuntan a que a cuberta estará rematada ao comezo do segundo trimestre do curso académico 2021/2022, coincidindo coa chegada do inverno. O patio do IES de Valga conta con dúas zonas de recreo en torno ás edificacións e unha pista deportiva con asentos na cara leste. Neste espazo hai unha pequena cuberta na bancada e agora vaise proceder a dotar dunha envolvente á cancha de xogo cunha cuberta de máis de 1.000 m2, que incluirá canalóns e baixantes para a escorrentía das augas pluviais, co obxectivo de completar a protección e resgardo desta contorna.