Veloso é noveno na xeral tras a primeira xornada do Grande Prémio Jornal de Notícias

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O cambadés Ángel Sánchez avanza no posto 21 na rolda lusa por etapas

01 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O ciclista vilagarcián Gustavo César Veloso iniciou onte a que será a súa derradeira carreira por etapas. O corredor do Atum General/Tavira completou a primeira das seis xornadas da trixésima edición do Grande Prémio Jornal de Notícias en Portugal ocupando a novena praza da clasificación provisional, a 10 segundos do líder, Joaquim Silva (Tavfer-Measindot-Mortágua). Nela aparece tamén o cambadés Ángel Sánchez, compañeiro de equipo de Silva, no seu caso no posto 21º. a 13 segundos de diferenza.

A primeira xornada do G.P. Jornal de Notícias dividiuse en dous segmentos. Pola mañá, unha crono de tan só 1,8 quilómetros na localidade lusa de Gondomar, con triunfo de Mauricio Moreira, do Efapel, con Veloso undécimo a 4 segundos e con Sánchez no posto 23 a 6. Xa pola tarde, Joaquim Silva venceu en solitario na meta de Vila Nova da Gaia tras 80 quilómetros, sacándolle 11 segundos ao groso do resto do pelotón.

Hoxe a rolda lusa encara os 124,5 quilómetros entre Porto e Ovar, cun porto de terceira categoría no quilómetro 41,8, outro de segunda no 60,6 e un último de terceira no 82.