A federación confirma os catro internacionais do Breogán no Mundial de Maratón

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

Tono Campos, Diego Romero, Tania Álvarez e Marta Mourelos competirán o vindeiro mes en Pitesti, Romanía

20 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Breogán do Grove contará con catro padexeiros no Campionato do Mundo de Maratón, que se disputará do 28 de setembro ao 3 de outubro en Pitesti, Romanía. Os mesmos catro deportistas clasificados para o Campionato de Europa de fondo no control nacional selectivo e no Campionato de España de Maratón celebrados do 7 ao 9 de maio.

A Real Federación Española de Piragüismo decidiu, tan só uns días antes do Europeo, programado do 8 ao 11 de xullo en Moscú, suspender a participación do equipo hispano pola situación pandémica do momento. Esta semana acordou que os catro padexeiros do Breogán clasificados para o Europeo acudan ao Mundial, nas mesmas probas. Isto é, Tono Campos, no C1 de distancias curta e estándar e no C2 xunto a Diego Romero, que tamén fará o C1 curto, Tania Álvarez no K2 muller sénior e Marta Mourelos no K2 muller xuvenil.