O Festaclown reina nas rúas de Vilagarcía

La Voz

AROUSA

Martina Miser

Os espectáculos espállanse por toda a vila, enchendo rúas e prazas de humor e risas

18 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As festas de San Roque de este ano volven a contar coa tradicional cita do Festaclown, a cal se está a despregar durante o mes de agosto en Vilagarcía. Na xornada de hoxe, a primeira actuación ten lugar ás once no parque de Miguel Hernández, que acolle unha actuación que trata de inculcar aos máis pequenos unha atmosfera de respecto e igualdade. Ás doce e media, a actuación terá lugar na Praza de Ravella da man de Superroquiños. Esta mesma praza presenciará ás sete e media da tarde o espectáculo Qué buen día!, e xa para finalizar, o espectáculo Power of the 80’s mesturará circo e comedia para deixarnos co mellor sabor de boca para as actuacións de mañá.